Lugo, 17 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular na provincia de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia hoxe a incorporación ao seu equipo do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, o soberino José Manuel Rodríguez.
A ex presidenta da Deputación agradece esta incorporación que reforza o proxecto que encabezan a popular e Ramón Carballo amais de achegar á candidatura ampla experiencia tanto no ámbito de xestión pública e local como no do coñecemento dun sector de especial importancia para a provincia, como é o caso do vitivinícola.
Candia considera que cada vez a candidatura xera maior ilusión entre os militantes e os lucenses “nunha forte aposta dun partido aberto á cidadanía”.
Perfil
Ademais de ser en pasados mandatos concelleiro en Sober, José Manuel Rodríguez abandeirou o proceso que terminou coa concesión da denominación de orixe da Ribeira Sacra e dende aquela o sector confioulle a presidencia do Consello Regulador en cada proceso de renovación.