Cervo, 24 de febreiro de 2016.- Ante as informacións aparecidas hoxe en diversos medios de comunicación sobre sobre o resultado da xornada de votación de compromisarios que tivo lugar na agrupación local de Cervo de cara ao XVII Congreso Extraordinario Provincial do Partido Popular de Lugo, é preciso aclarar:
– O escrutinio oficial confirma que tivo lugar un empate en votos entre as dúas candidaturas –aquela en apoio á candidata Elena Candia e Raquel Árias– polo que ambas recibiron o mesmo número de apoios 67 votos.
– Que no caso particular de dúas papeletas escrutadas se mesturaron nomes de compromisarios de distintas candidaturas: tres adscritos a Raquel Árias e un a Elena Candia e de aí a diferenza final no número de compromisarios electos
– Que ante a situación de empate, chegouse a un acordo para considerar electos a aqueles que tiveron 67 votos (catro persoas) e facer un reparto a partes iguais no resto de compromisarios empatados a 66 votos (catro compromisarios máis para cada candidatura)
En consecuencia desde o punto de vista do número de votantes non é posible afirmar que ningunha das candidaturas en xogo tiveran máis apoios ca outra.
Jose Manuel Balseiro
Presidente do Comité Organizador do Congreso