O Concello de Viveiro súmase á campaña desenvolta pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a Delegación Saharauí en Galicia para celebrar o 40º aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática.
O 27 de febreiro colgarán nun dos balcóns da Casa do Concello a bandeira saharauí como mostra de solidariedade cara o Pobo Saharauí que fai fronte pacificamente á opresión do goberno marroquí e, así mesmo, para proclamar e reclamar o dereito de autodeterminación que lle corresponde.