O Museo Provincial do Mar esta a realizar un obradoiro do proxecto “Nós+outras” no que colaboran a Rede Museística Provincial de Lugo e o Museo Thyssen-Bornemisza. Este obradoiro leva por título “A memoria é o perfume da alma” e pretende a utilización da arte (en concreto mediante a técnica do collage) como expresión da memoria, como forma de homenaxe mediante o materialización do sentimento da saudade.
Xa foi realizada unha xornada de presentación e para o próximo martes 16 de Febreiro ás 17.00 horas está programada a segunda parte deste obradoiro, xa cun contido de elaboración artística. O obradoiro está aberto a toda persoa interesada. Os interesados poden pedir información no propio museo.