A Xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou investimentos no rural por importe de 1.100.000 euros. Trátase da resolución das tres últimas liñas de actuación da Área de Cooperación e Asistencia ós Concellos impulsadas no ano 2015. En total realizaranse 134 actuacións ao longo de toda a provincia, neste senso o Deputado delegado da Área de Cooperación e Asistencia ós Concellos asegurou que entidades sociais e colectivos da meirande parte dos concellos da provincia de Lugo son beneficiarias destas tres liñas de actuación, desde Viveiro ao Norte até Carballedo no sur, ou desde Cervantes o leste até Guitiriz o oeste”, así mesmo aclarou que “ para estas axudas a Área de Cooperación e Asistencia recibiu máis de trescentas solicitudes, o cal deixa clara a utilidade e a necesidade da continuación desta actuación económica”.
O Vicepresidente da Deputación de Lugo dixo finalmente que “ a Deputación de Lugo continuará a impulsar na actual lexislatura medidas de apoio, con cifras económicas reais non só con palabras, como as das liñas de Cooperación e Asistencia ós Concellos aprobadas este venres, que contribúan a paliar a sangría demográfica, especialmente severa nos concellos rurais, e que permita que os seus habitantes teñan acceso a servizos básicos de calidade así como garantir un nivel de prestacións sociais equiparable ao de outras poboacións de maior tamaño, para a Vicepresidencia é o obxetivo número un contribuir a igualdade de oportunidades de tódolos habitantes da provincia independentemente de onde se localice o seu domicilio”.
Liña 1: Programa de mellora da mobilidade rural e posta en valor dos núcleos rurais da provincia
Esta liña vai dirixida ó acondicionamento de elementos dos núcleos rurais, pobos e vías públicas como poden ser os muros de contención ou soleiras, melloras de camiños públicos, construción de depósitos contra incendios, redes de abastecemento para o gando, infraestruturas de regadío e a mellora de espazos públicos adicados a aparcadoiros ou a actividades comunitarias. Concedéronse 69 axudas por un importe total de 750.000 euros.
Liña 2: Programa de restauración, reforma, conservación e mellora de centros socioculturais e o seu contorno inmediato
Ten por obxecto a mellora e conservación dos centros socioculturais, as entidades beneficiarias realizarán actuacións coma son o acondicionamento de locais e os seus accesos, renovación de fiestras, dotación de calefaccións, acometidas eléctricas ou abastecemento de auga en 30 locais por importe de 263.207,08 euros.
Liña 3: Programa de equipamento de centros socioculturais
35 entidades, colectivos e agrupacións de veciños adquirirán equipamentos audiovisuais, equipos informáticos, así como bens mobles en xeral por importe de 86.792,92 euros.
A resolución das axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia nos vindeiros días, o prazo para a execución das obras e a adquisición de equipamentos remata o vindeiro 30 de xuño e a súa posterior xustificación o 31 de agosto.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



