COMUNICADO OFICIAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Coñecida polos medios de comunicación a información que transcende ao respecto do sumario da Operación Pulpo, a Deputación de Lugo pide prudencia, pois estase a prexudir gravemente a imaxe da institución e a de todos os seus traballadores.
1.- Cómpre aclarar que este organismo provincial ten partidas para o seu funcionamento habitual, como son as de protocolo e que, de igual xeito, teñen todas as administracións públicas no Estado. Nelas inclúense gastos de subscripcións a periódicos; compra de Trofeos, Medallas de Ouro ou Pines (adquiridas en xoierías) para galardóns en competicións deportivas ou como distincións a recoñecidas personalidades de toda índole; compra de flores para condolencias da Corporación Provincial; ou mesmo para gastos derivados de visitas institucionais de autoridades e prestixiosos representantes de distintos organismos públicos á provincia de Lugo. Por exemplo, para a visita que realizaron os membros do Consello do Poder Xudicial á Ribeira Sacra coa Deputación de Lugo, entre outras moitas.
2.- A Deputación de Lugo sempre facilitou toda a documentación que pediu a xustiza. O organismo provincial nunca recibiu ningún auto o 14 de xullo de 2014 pois, tal e como afirman os medios de comunicación que recolle o sumario, este estaba baixo secreto sumarial, polo que é imposible acusar á Deputación de coñecelo ou recibilo e, polo tanto, de obstaculizar o traballo da xustiza. Ao parecer, segundo apuntan os medios de comunicación que di o sumario, a xustiza emitiu este auto en mencionada data (14 de xullo de 2014) para permitir á Udef o requirimento á Deputación de Lugo de nova documentación nas propias dependencias provinciais. Así o fixeron o 30 de xullo de 2014, data na que o organismo provincial coñeceu a existencia do auto do 14 de xullo de 2014 e na que entregou toda a documentación que requiriu a xustiza, colaborando, como non pode ser doutro xeito, coa labor xudicial.
Coñecida polos medios de comunicación a información que transcende ao respecto do sumario da Operación Pulpo, a Deputación de Lugo reitera:
1.- Ratifícase que ningunha das viaxes que a Deputación de Lugo subvencionou a funcionarios e fillos de funcionarios corresponden ao Goberno progresista, senón ao Goberno do PP. Todas estas viaxes (Euro-Disney, India, Crucero polo Rhin, Arxentina ou Amsterdan, entre outras) son anteriores ao 2006, é dicir, realizáronse durante a etapa do Executivo popular. Polo tanto, é incongruente que se investigue a quen, precisamente, suprimiu estas viaxes no 2007: o anterior Goberno progresista da Deputación de Lugo.
2.- Demóstrase que era público o “Acordo Marco Único para o persoal funcionario da Deputación de Lugo” e o “Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Deputación de Lugo”, onde figuran as axudas do Fondo Social para traballadores desta institución, avaladas pola Lei, ademais de modificacións nas mesmas. Trátanse de axudas que aprobou o Goberno do Partido Popular nos anos 1990 e 1991, que reduciu nun 50% o Goberno progresista (2007-2015) e que voltou a incrementar en setembro de 2015 o Goberno popular de Elena Candia. Polo tanto, é incrongruente que se investigue, precisamente, a quen racionalizou estas axudas ata nun 50% durante os pasados 8 anos.
3.- Non deixa de sorprender que unhas dilixencias, iniciadas no 2013 por unha denuncia da voceira do PP, Elena Candia, que dixo atopar debaixo dunha porta, sobre un presunto caso de acoso laboral entre traballadores dun departamento; derivase nesta investigación xeral. Tamén sorprende que outro anónimo fóra recibido por axentes o 11 de novembro de 2014 e dez días despois se realizase un resistro na Deputación de Lugo.
4.- O departamento de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo avala a legalidade das axudas ao Breogán.
5.- Unha vez máis, a Deputación de Lugo avala a legalidade do Km0, un programa de promoción da provincia, que ofrecía 127 rutas guiadas polos 67 Concellos lucenses, no que colaboraban 125 establecementos e entidades de toda a provincia (hostalería, comercio, artesanía, turismo..) e que contribuía ao mantemento de 3.000 postos de traballo directos e indirectos na provincia de Lugo.
KM0 estaba sometido a rigorosos controis, todos eles superados con nota: as auditorías externas e controis do Ministerio de Administracións Públicas sobre a xestión de Fondos Europeos; ou os controis do Tribunal de Contas e do Consello de Contas sobre as contas e os contratos realizados no marco do Km0. Ata a Xurisdición Contencioso Administrativa avalou a xestión contractual realizada polo Goberno progresista en relación ao Km0, desestimando o recurso contra o contrato de transporte do Km0.
6.- Non deixa de sorprender que, a través doutro anómimo máis, se investigue a oposición da praza de xornalismo, cuxo proceso se axustou, escrupulosamente, á legalidade. A praza convocouse por oposición libre, na que participaron numerosos xornalistas como, por exemplo, membros de gabinetes de comunicación de varios partidos políticos. Os exames incluíron sorteos para a elección dos temas e, inmediatamente despois de cada unha das probas, procedeuse á lectura pública coa presenza de xornalistas e público xeral. A oposición estivo dirixida por un tribunal profesional, independente -con presenza de reputados membros da USC e doutras entidades, así como de todos os anteriores xefes de prensa da Deputación de Lugo na época do Partido Popular- e sen intervención de cargo político algún.
As modificacións da Relación de Postos de Traballo (RPT) teñen que ser aprobadas no Pleno, como así ocorreu cando se aprobou a praza de xornalista xunto a outras hai 7 anos. No Pleno non houbo ningún voto en contra. A RPT tamén foi aprobada previamente pola Mesa Xeral de Negociación coa representación sindical e dos voceiros da Xunta de Persoal e Comité de Empresa. Nunca ningún partido ou opositor impugnou dita RPT, nin a plantilla, nin as bases da oposición publicadas no Boletín Oficial da Provincia, nin os resultados da mesma, nin a xustificación dunha praza de xornalista como existe noutras deputacións galegas e na maioría das administracións.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



