Ribadeo, 10 de marzo de 2016. Acisa celebra este venres 11 de marzo ás 20.30 horas unha asemblea xeral para presentar e proclamar á única candidatura presentada ás eleccións para proceder á renovación da xunta directiva. Será no salón de actos da Casa Sindical, no número 20 da avenida de Galicia.
David Martínez será o novo presidente de Acisa; Juan Antonio Fernández Andina será o vicepresidente; Susana Tamargo, a secretaria; e Manuela Torviso, a tesoureira. Estarán acompañados nesta andaina por varios vogais, que serán presentados na asemblea deste venres.