Cervo, 10 de marzo de 2016. Tres cociñeiras de restaurantes galegos con estrelas Michelín e un sumiller participarán nas xornadas técnicas da 25ª edición da Festa do Ourizo, de San Cibrao, que se celebrará este sábado, día 12.
A concelleira de Turismo en Cervo, Manuela Méndez, explicou este xoves que “a inauguración das décimo sextas xornadas técnicas sobre o ourizo será ás 12.00 da mañá. Dende a súa orixe estas xornadas serven para divulgar diferentes eidos relativos ao ourizo de mar no seu aspecto biolóxico, científico, comercial ou gastronómico, como imos facer este ano e xa se fixo en edicións anteriores, coa celebración dun show cooking, que é cociña en vivo. Este ano contamos coa presenza de tres cociñeiras de prestixio e de renome, galardoadas cada unha delas cunha estrela Michelín. Son Inés Abril, do restaurante Maruja Limón, de Vigo; Chita del Río, do Seiruga, de Malpica; e Beatriz Sotelo, do restaurante A Estación, en Cambre. E, como novidade, este ano contamos cun dinamizador e moderador do evento, que é o sumiller, catador de viño, Nacho Costoya, que nos deleitará cos seus coñecementos acerca da maridaxe entre as distintas elaboracións e diferentes viños, todos eles de denominacións de orixe galegas. Con isto pretendemos destacar as moitas posibilidades culinarias ou gastronómicas que posúe o ourizo de mar, sempre con intento de axudar a valorizar este importante recurso mariño, como se foi conseguindo pouco a pouco ao longo de todos estes anos, pois xa viñeron noutras ocasións xornalistas gastronómicos, profesores en Bioloxía, catedráticos, etcétera”.
Manuela Méndez engadiu que “a continuación da cociña en vivo terá lugar o concurso gastronómico do ourizo, aberto a tódolos establecementos hostaleiros que participan na vixésimo quinta edición da Festa do Ourizo e que se encargan de elaborar exquisitos pratos que serán avaliados polo xurado; neste caso estará formado polas propias cociñeiras con estrela Michelín que participan no show cooking. Todo isto rematará coa elección dos pratos gañadores e o reparto dos premios aos establecementos distinguidos”.
A edil destacou tamén que “durante todo o día haberá degustación nos locais participantes e na carpa instalada na Praza dos Campos tamén se servirá ourizo cocido. Todo isto estará amenizado por distintos grupos, como o grupo de gaiteiros de San Ciprián A Rebolaxe; a charanga Aturuxo, de Ribadeo; Os Kilomberos de Monte Alto; Perkusiona, de Foz; e Airiños do Xunco. A festa seguirá durante todo o día e, como colofón, teremos ás dez da noite o concerto de Leilía, grupo que está formado por seis mulleres”.
Manuela Méndez rematou desexando que “sexa do agrado de todos esta edición da Festa do Ourizo, de San Cibrao. Dende o Concello de Cervo estamos moi agradecidos a todas as persoas que participan, especialmente aos hostaleiros que fan posible que esta festa siga adiante. E invito a todo o mundo a que se achegue aquí, tanto visitantes como veciños, e que pasen un moi bo día”.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



