Foz, 12 de marzo de 2016. O Concello de Foz homenaxeou ao veciño Francisco Longarela Ramudo porque acaba de cumprir 100 anos de idade, concretamente antonte, xoves, día 10. Por este motivo hoxe recibiu a visita do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e da concelleira de Asuntos Sociais, Mercedes González Alonso.
O rexedor municipal explicou que Francisco Longarela Ramudo “é unha persoa moi coñecida e ben querida en Foz, porque fundou a xastrería e tenda de roupa Longarela, que actualmente rexentan os seus nenos Julio e Rodrigo. É moi afeccionado ao fútbol, concretamente do CD Foz, club do que foi presidente, e tamén é membro da peña focense do Deportivo da Coruña”.
Durante a visita do alcalde e da concelleira de Asuntos Sociais, Francisco Longarela estivo acompañado por un dos seus fillos, a nora, un neto e unha bisneta.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



