Lugo, 29 de marzo de 2016.- O Grupo Provincial do PP considera a resposta do PSOE sobre a Operación Pulpo no pleno deste martes insuficiente, sesgada e tendenciosa e recordan que serán os socialistas e non outro partido o que terá que dar explicacións en sede xudicial. O vicevoceiro dos populares, José Antonio García, recorda que o sumario vincula, tal e como publican os medios de comunicación, a presunta contabilidade irregular e as listas negras co goberno de Besteiro.
Lamenta o deputado que o voceiro dos socialistas non pedira desculpas pola imaxe que o seu Grupo está a dar da institución e polo atrevemento á hora de atacar a un órgano xurisdicional. Os populares insisten en que as explicacións políticas en relación coa Operación Pulpo seguen a ser “insuficientes” e non aclaran se existiu ou non esa contabilidade irregular ou as listas negras, polo que estudan novas accións que permitan á cidadanía saber o que realmente pasou na institución.
Melloras en turismo
O PP conseguiu sacar adiante a súa iniciativa relativa á mellora da xestión das rutas fluviais na Ribeira Sacra, aínda que lamenta que a moción non contara co apoio do bipartito. Carlos Armesto explicou que por primeira vez se sacaron os catamaráns do río, que algún deles segue sen funcionar e que outros, como o Mencía, teñen goteiras.
Os populares piden melloras nos horarios, a ampliación das rutas e da temporada de verán. Tamén a incorporación das audioguías que o PP contratou e que seguen sen chegar aos barcos.
Adaptar as deputacións á realidade actual
O deputado José Antonio García defendeu a importancia que teñen as Deputacións, especialmente para unha provincia como a de Lugo, onde esta institución se fai “imprescindible”, dada a configuración social e xeográfica da provincia. Dende o Grupo Provincial Popular tamén advertiron na súa moción, que foi aprobada, da necesidade de que se impulsen as reformas precisas para adaptar as deputacións “á realidade actual e facelas máis transparentes”, matizou o deputado.
Neste senso, José Antonio García engadiu que “é certo que hai casos de Deputacións que non son o mellor exemplo da validez destas institucións, pero esta situación non se debe a administración en si, senón aos seus xestores”, e cita a “parálise” que se vive no Goberno lucense.
“A única postura coherente é a do PP”, dixo o popular. Mentres o PSOE se atopa cun panorama confuso ao “non saber como explicar o acordo firmado con Ciudadanos para facer desaparecer estas estruturas administrativas de apoio aos pequenos concellos”; o BNG está en contra das deputacións “cando levan doce anos no goberno da lucense, sen o apoio dos veciños” e din estar “dentro para destruílas”, considera.
Os populares apoiaron a moción do PSOE para que a Xunta cubra de maneira inmediata as dúas prazas de médico no centro de saúde do Concello de Navia, así como a moción do deputado non adscrito sobre a situación de Siria.








O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



