Ribadeo, 21 de marzo de 2016.- O grupo Socialista de Ribadeo denuncia a deficiente calidade asistencial en relación coa atención aos máis novos. Segundo puidemos constatar esta semana, os nenos e nenas do Concello de Ribadeo e Trabada non poderán contar co seu profesional sanitario asignado (pediatra), xa que dito profesional está de vacacións e, desde o Sergas, non cobren a súa ausencia con outro profesional especialista senón que derivan a atención sanitaria aos médicos de familia do Centro de Saúde de Ribadeo e Trabada, aumentando así considerablemente a súa axenda diaria xa que o pediatra ten unha cota de máis de 1.200 nenos.
A preocupación por esta situación é aínda maior cando o verán está próximo e a cantidade de pacientes asignados ao pediatra vese incrementada de forma considerable, xa que o noso Concello duplica a súa poboación, e, de acordo á información que nos fixeron chegar, o Sergas non vai cubrir tampouco dito período cun pediatra.
Enfermeira a media xornada
Temos constancia doutro caso de falta de cobertura para unha praza de enfermeira: Unha das Diplomadas Universitarias en Enfermería está contratada por só 4 horas cando realiza xornadas moito máis amplas para poder dar resposta aos seus pacientes, poñéndose de manifesto que parte da súa xornada realízaa sen o alta na Seguridade Social e sen o correspondente soldo, incumprindo todas as leis. Tal é o “abafo” por parte da profesional que na porta da súa consulta colga unha nota informativa redactada por ela mesma pedindo desculpas e rogando “non a tomen coa enfermeira”.
Simultaneamente a presentar escrito ante os medios de comunicación, presentaremos no Concello de Ribadeo un documento solicitando ao Goberno Municipal que tome medidas urxentes e concretas, porque os nosos pequenos e os nosos maiores teñen dereito a unha atención sanitaria adecuada.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



