Queda posposta ata novo aviso a obra de teatro prevista para este venres, 25 de marzo, no auditorio de Burela. O grupo de teatro O Torques representará “Sketchs” nunha data por determinar.
Catro delas coñecéronse hai dous anos no Camiño Portugués e decidiron volver contactar con ela para organizar esta nova experiencia, buscando algo diferente e menos concorrido que o popular Camiño Francés, neste caso no Camiño Norte.
A mestura de pancarta e cadro, expúxose ao aire libre na baranda do Hospital da Mariña por profesionais e doentes como metáfora da vulnerabilidade dxs doentes ante as demoras e a falta de coidados. A pancarta foi retirada por orde da Dirección do Hospital da Mariña
Terá lugar o venres 23 de maio ás 20,00 horas na sala de exposicións de Regalxunqueira – Viveiro. Ademais do autor participarán a Presidenta do Club de prensa de Ferrol, Julia Diaz Sixto e María José Leira Ambrós, bióloga e sobriña da científica. Serviranse uns petiscos.
A cita, que conta coa colaboración do Concello, será na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, este xoves 22 de maio ás 20,30h. Falarán: Dores Fernández Abel e Carlos Callón.
Este trámite vai dirixido ás familias que presentaron a solicitude de praza durante o período de preinscrición, e deberá completarse de forma presencial nas instalacións da escola municipal. O prazo estará aberto ata o luns 2 de xuño. Lémbrase que a formalización da matrícula é imprescindible para confirmar a admisión do neno ou nena. Ademais, as familias que non solicitaran praza no seu momento poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello, onde poderán recoller o impreso correspondente.
Estivo organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras "As Encaixeiras" e contou co apoio do Goberno galego. O porto de Burela foi o escenario no que as palilleiras convocadas amosaron o seu traballo ás persoas que se achegaron. O programa incluiu tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.
Con motivo desta celebración, acercouse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, como representante do Concello, para agasallalo cunha cesta de produtos variados. A alcaldesa afirma que “cumprir 103 anos é algo excepcional e merece todo o recoñecemento do Concello”.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital