O Partido Popular de Viveiro lamenta profundamente o desplante da Alcaldesa ao Vicepresidente da Xunta de Galicia, que este martes ofrecía á Sra. Loureiro a posibilidade de realizar o acto de cesión ao Concello do antigo edificio da fundación comarcal da Mariña Occidental, o vindeiro luns 28 de marzo. A
nte esta proposta do Sr. Rueda a Alcaldesa argumentaba que xa tiña unha reunión fixada para ese mesmo día con Portos de Galicia en Santiago. O vicepresidente ofreceuse a mediar con Portos para que lle desen cita outro día, de feito chamou a este organismo quen lle dixo que non había ningún problema en cambiala, e aínda así, a Sra. Loureiro declinou a proposta do Vicepresidente da Xunta.
Ao Partido Popular resúltalle incrible e inaceptable tal actitude, máxime cando a Alcaldesa cansouse de criticar á Xunta de Galicia pola súa tardanza nesta cesión, sen ir máis lonxe no último pleno celebrado neste mes de marzo, onde unha vez máis lle volveu a botar a culpa de devandito atraso. Como se pode observar estas son as présas que ten a Sra. Loureiro por solucionar os asuntos dos veciños de Viveiro.
Desde que en decembro do 2014, este portavoz se entrevistara en Santiago co Vicesecretario Xeral da Consellería de Medio Rural e do Mar, onde se nos deixou moi clara a vontade da Xunta para ceder devandito edificio ao Concello de Viveiro pasaron 15 meses, debido en gran parte a que houbo que realizar distintos trámites administrativos, así coma realoxar á oficina agraria e ao distrito forestal na Delegación de Pesca de Celeiro ao obxecto de que o mencionado edificio quedase totalmente libre.
“Logo de todo o exposto e agora que o acordo, que foi aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación, podía materializarse, a Sra. Alcaldesa, facendo gala da súa deixadez, desidia e inacción desmárcase e non só lle fai un desplante ao Vicepresidente da Xunta, si non a todos os veciños de Viveiro que teñen depositadas a súa expectativas para levar adiante os seus proxectos no marco deste singular edificio”, apunta Antonio J. Bouza Rodil, presidente e portavoz PP de Viveiro.
Ao Partido Popular de Viveiro resúltalle “inaudita” esta forma de proceder por parte da Sra. Alcaldesa, quen “sempre fai gala dun victimismo insoportable botando a culpa da súa incapacidade á Xunta de Galicia”.
O Partido Popular insta á Sra. Alcaldesa a que “reconsidere a súa postura e acceda a que o vindeiro luns 28 de marzo se leve a cabo o acto no que a Xunta de Galicia ceda o edificio da antiga fundación comarcal ao Concello de Viveiro, e así deste xeito poder contribuír a dar forma ás numerosas iniciativas suscitadas para levar a cabo nesta instalación”.

















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



