A Delegación Municipal de Cultura, dentro da súa Programación Cultural , presenta a Cía. Mircromina Teatro de Títeres coa obra “Vacación no mar”. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Rede de Teatros a Auditorios de Galicia e da propia AGADIC.
O acto terá lugar ás 17.30 horas do sábado, 19 de marzo, na Casa da Cultura de Burela, e a entrada será de 2,5 euros e para todos os públicos.
Mircromina Títeres presenta “Vacacións no mar”, un espectáculo cheo de acción, emoción e interacción co público. Un espectáculo infantil ideal para disfrutar en familia.
A Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día , Moncho chega a porto no seu veleiro…pero nun descuido o pirata Ollo Virollo róuballe o barco e faise á mar. Tras 45 minutos de acontecementos, cumplirá Marina o seu soño de viaxar polo mundo adiante?…