Lourenzá, 25 de abril de 2016.- A Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá organizou este domingo 24 de Abril como cada ano o seu Festival Infantil. Este ano participaron a Escola de Danza e Gaitas Virxe do Alivio de Tomiño (Pontevedra), a Asociación Cultural a Faragulla: As Faragulliñas de Teixeiro (Coruña) e o grupo anfitrión a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
Foi unha tarde na que os espectadores puideron disfrutar do bo baile e boa música dos grupos participantes.
Dende a Asociación: “Estamos moi contentos e orgullosos dos nosos nen@s que cada vez nos sorprenden mais. Por eso queremos agradecer a Ismael García e a Bea Mariño, toda a sua dedicación, que sen eles non seria posible, tamen nombramos a outra nosa profe Laura que tamen lle temos moito que agradecer. Dar as gracias a todas esas persoas que acudiron a ver os nen@s, e mil gracias a todos os que colaboraron, sen eles non seria posible. Gracias o Concello de Lourenzá, Colexio Juan Rey, Cabaleiros Xardín, Pastelería Cabaleiros, Fabas Xoias do Val, Libería Josgua, Angel do Tandy, e a Miguel o noso presentador. MIL GRACIAS A TOD@S e ata a vindeira edición”
De igual xeito queren agradecer “a todos os grupos participantes na nosa I Foliada: Amigos da Gaita Galega (Ribadeo), A.f. O Arco da Vella, As Cantareiras do Lar, Os dous de sempre (Patri e Mateo), Gaiteiros da Asociación Bran de Castroverde, Arume de Burela, Farruco Xabier Ben Gonzalez, Grupo Tradicional Dorna, Faragullas Asociación, Souto Xímaro. E a todas as persoas que colaboraron dun xeito ou doutro para que esto fose posible”