Santiago, 5 de abril de 2016.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anunciou que flexibilizará, se fora preciso, as condicións para celebración de eventos de caracter non portuario en zonas das instalacións dos portos autonómicos. Así o manifestou esta tarde o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, na súa comparecencia ante a Comisión 8ª do Parlamento de Galicia contestando ás preguntas do Grupo Parlamentario de AGE.
O presidente de Portos de Galicia sinalou que “as instalacións portuarias están adicadas ás labouras profesionais fundamentalmente e, polo tanto, é a nosa obriga en primeiro lugar manter estas instalacións o mellor posible nas mellores condicións de seguridade e operatividade tanto para as persoas como para os bens”
José Juan Durán, aclaróu que Portos de Galicia “non se opón a que os portos sexan lugares nos que históricamente se fixeron as festas patronais e os mercadillos, entre outros eventos, e que poderán seren utilizados como ata agora”.
Sen embargo quixo matizar que, tal e como levan a cabo outras administracións, por exemplo Costas do Estado, é preciso regular as actividades non portuarias coa excepción daquelas que poidan significar un problema ou un perigo. En definitiva, tratase de racionalizar este tipo de eventos e salvagardar sobre todo a seguridade dos usuarios, das persoas que utilizan os portos e dos propios bens.
En canto á intervención na segunda pregunta formulada polo Grupo dos Socialistas de Galicia PSOE, acerca dos investimentos realizados nos portos da provincia de Lugo, das que sinalou, “existen partidas para levar a cabo durante este ano actuacións na práctica totalidade dos portos da costa lucense” e que cifrou en casi 3 millóns de euros nas que se incluen a dragaxe do porto de Foz, o reforzo do abrigo do porto de Burela, a adecuación dos portos de Celeiro, Ribadeo e Burela á normativa do código PBIP (Protección de Buques e Instalacións Portuarias) e a colocación de medios de amarre e defensas no porto de Celeiro.


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



