Mondoñedo, 17 de abril de 2016.- A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo segue colaborando co ANPA AMOLOU do IES San Rosendo de Mondoñedo na formación de alumnos e pais con charlas de primeiros auxilios.
Este luns ás 18:30 organizan unha charla de formación para os pais, con anterioridade impartíronse cursos de primeiros auxilios a alumnos do Centro.
A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo está aberta ás colaboracións cos centros educativos.