Cervo, 5 de abril de 2016.- A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa actividades de escritura, lectura, música, baile e humor para este mes de abril dentro do programa denominado A carón da cultura. Anunciouno este martes a concelleira Dolores García Caramés, quen explicou que “este mes dedícase sobre todo á lectura e á escritura, coa presentación dun libro escrito por unha veciña do concello, un taller de escritura, lectura de libros e a homenaxe a Cervantes na biblioteca cos nenos, xa que en abril conmemóranse dúas datas importantes para a literatura, como son o Día do Libro Infantil e o Día do Libro”.
Todos os venres que restan deste mes haberá actividade do taller de teatro municipal Pimpin no auditorio da Casa da Cultura, de San Cibrao, en dúas quendas: de 16:30 a 17:30 horas e de 19:30 a 20:30.
Este sábado, día 9, a biblioteca municipal de San Cibrao convocará o certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2016. As bases poden atoparse na Casa da Cultura, de San Cibrao, e na Casa do Concello de Cervo; ademais enviaranse aos colexios do municipio.
Todos os sábados que quedan deste mes haberá ocioteca na Casa do Mar, de San Cibrao, para alumnos de Infantil, de 11 a 12:30 horas; e para os de Primaria, de 12:30 a 14 horas. As inscricións poden entregarse na Casa do Mar ou na Casa do Concello e tamén se enviarán aos colexios.
Este vindeiro sábado, día 9, tamén haberá Contos e lerias daboapipa no auditorio da Casa da Cultura, de San Cibrao, ás 19 horas.
Os días 12, 13, 14, 19, 20, 26 e 27 desenvolverase en horario de tarde un taller de relato breve para maiores de 15 anos na Casa da Cultura, onde se poden anotar os interesados, que tamén poden facelo chamando ao teléfono 691.65.66.00.
O sábado 16 na Casa da Cultura ás 18 horas presentarase o libro El fiel reflejo de la nada, de Patricia C. Beltrán. E no mesmo lugar ás 19:30 terá lugar o espectáculo Relatos en clave de fa, dentro do programa Ler conta moito.
O seguinte sábado, día 23, haberá unha actividade para celebrar o Día do Libro, dedicado a Cervantes, na biblioteca da Casa da Cultura para os nenos e nenas que participan na ocioteca de 11 a 14 horas.
O venres 29 terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 20 horas o espectáculo Contos de humor de Carmen Conde. Contos ultramarinos, o resultado de case 9 meses vivindo e actuando en Bos Aires.
E finalmente o sábado 30 no auditorio da Casa da Cultura ás 20 horas haberá unha actuación de flamenco a cargo da cantante Sandra Calderón, o bailarín Isaías Salazar e o guitarrista Miguel Flores.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



