Lugo, 21 de abril de 2016.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, entregaron este xoves os diplomas dunha vintena de cursos desenvolvidos ao abeiro dos plans de inclusión social financiados pola Xunta.
Estes cursos enmárcanse nun programa de apoio a entidades de iniciativa social que distribuíu na provincia de Lugo un investimento de máis de 400.000 euros entre 15 organismos e serviu para organizar 45 accións orientadas a promover a igualdade de oportunidades e a participación activa e mellorar as posibilidades de acceso ao mercado laboral.
Entre as entidades beneficiarias figuran a Asociación para o desenvolvemento sociocultural, formación y empleo (Asfem), a Asociación de familias e mulleres do medio rural (Afammer), a Asociación de promoción e integración xitana de Lugo, Aliad Ultreia, Cáritas, Cruz Vermella ou Alume, entre outras.
Raquel Arias e Arturo Parrado entregaron hoxe os diplomas de 20 cursos desenvolvidos por Asfem e Afammer, nos que participaron 220 persoas. Na súa representación, reuníronse hoxe no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta máis de medio centenar de participantes para recoller os seus diplomas. Ao acto asistiron tamén a presidenta de Asfem, Elena Villanueva, e a de Afammer, Milagrosa Rodríguez.
Boa parte da oferta formativa de ambas asociacións estivo orientada a mellorar a capacitación de persoas desempregadas para favorecer a súa integración laboral. Así mesmo, impartiron cursos especificamente dirixidos á poboación inmigrante, como o de formación lingüística básica en galego e castelán ou o de asesoramento xurídico en estranxería.
A delegada territorial subliñou que a Xunta desenvolve políticas transversais e coordina numerosos recursos no ámbito social “tendentes, todos eles, a facilitar a igualdade de oportunidades de todos os veciños e veciñas que viven en Galicia, calquera que sexa o lugar de procedencia ou de residencia”.
Ao respecto, engadiu, a Xunta xestiona directamente numerosos recursos de atención social, ao tempo que colabora coas administracións locais e con colectivos que desenvolven o seu labor neste ámbito “achegando medios e financiamento, para servir con eficacia en todo o territorio a todos os cidadáns que o necesiten”.
Na mesma liña, explicou que entidades como Asfem e Afammer, “que traballan directa e continuadamente coas persoas e familias afectadas, coñecen de primeira man as súas características e posibilidades, e polo tanto, teñen maior capacidade para dar resposta precisa ás súas necesidades”.
“A complementariedade entre os axentes públicos, o movemento asociativo e outras entidades do ámbito dos servizos sociais -apuntou Arias- incrementa a calidade das prestacións, sendo a mellor ferramenta para promover a inclusión social e laboral e loitar contra calquera forma de discriminación”.
Pola súa parte, o director xeral de Inclusión Social fixo fincapé no destacado papel que xoga a formación no momento de acceder ao mercado de traballo, subliñando que “da inserción laboral depende directamente a inserción real das persoas pertencentes a grupos desfavorecidos” e trasladou ás diferentes entidades sociais “o compromiso asumido pola Xunta para seguir traballando conxuntamente cos axentes implicados na integración das persoas e colectivos mais vulnerables”.
“Precisamente”, dixo Parrado, “o Consello da Xunta aproba hoxe a orden plurianual de subvencións destinadas a estes organismos incrementando en tres millóns de euros o orzamento respecto a anteriores convocatorias”.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



