Burela, 11 de abril 20016. O salón de conferencias do Concello acollerá este sábado, 16 de abril, unha charla titulada Pasos para Adquirir a Nacionalidade Española, segundo informa a Concellería de Cooperación e Inmigración.
O Concello colabora con esta charla que organiza a Fundación Humanismo y Democracia dentro do programa de orientación e formación laboral para persoas migrantes e outros grupos vulnerables e conta co financiamento do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
Nesta charla explicarase qué é a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España e cómo acreditar o diploma de español DELE, nivel A2 ou superior, no caso de nacionais ou territorios nos que o español non sexa o idioma oficial que xestiona o Instituto Cervantes.
A charla terá lugar no salón de conferencias do Concello (antiga Biblioteca) ás 18.30 horas do vindeiro sábado, 16 de abril.
As inscricións poden facerse nos Servizos Sociais do Concello ou no teléfono 982 580 609.