A Mariña, 22 de abril de 2016.- Este fin de semana remata o 1º Mes da Maxia na Mariña de AMAM, un mes repleto de actos, de ilusión e maxia, maxia que quixemos trasladar a todas e todos as veciñas e veciños da comarca dA Mariña. Un mes, no que as conclusións sairán máis adiante, pero que son excelentes, cargado de moita ilusión, esa é a palabra, dende AMAM (asociación de mag@s afeccionad@s da Mariña) queremos transmitirvos aos medios de comunicación a GRATITUDE e os nosos parabéns e agradecemento pola acollida que tivestedes con esta iniciativa, e que grazas a todas e todos vos, seguirá facéndose e medrando ano a ano, para que a maxia inunde toda a nosa comarca de cabo a rabo, ou de punta a punta desta variña máxica na que vivimos.
Queremos pedir desculpas por todos os erros que tivemos ao longo deste mes e prometemos ser máis fiables, concretos e atentos nas próximas edicións, para que cada ano se faga mellor e con máis ilusión.
Así pois, queremos amosarvos o noso AGRADECEMENTO pola atención e a difusión que lle destedes a este evento, ao cal lle faltan dous días, despois de que onte estivesemos no CEIP de Galdo coa TVG en directo, e hoxe venres, no CEIP de Covas, mais quedan dous días con moita forza e moita maxia:
Sábado 23
Este Sábado será a última oportunidade de poder ver o show que nos apadriñou neste primeiro Mes da Maxia, ese espectáculo chamado: ILUSIONANTE e que arrancou o día 1 en Burela co escapismo a 30 metros de altura cunha camisa de forza para arrancar con potencia e enerxía. PEDRO VOLTA fará mañá o último pase deste circuito na Mariña co seu show ILUSIONANTE, 80 minutos de maxia, teatro, iluminación e son, que fan deste espectáculo un referente á maxia moderna ao espectáculo teatral e á inmersión no mundo máxico da infancia.
TEATRO PASTOR DÍAZ
23 Abril 2016
20:30h
Gala unipersoal de PEDRO VOLTA: ILUSIONANTE
Prezo único: 5 euros.
(Grazas á concellería de Cultura de Viveiro pola cesión gratuíta do teatro e dos espazos ocupados)
Domingo 24
AMAM non quere despedirse deste 1º Mes da Maxia sen ofrecer a súa maxia e a súa ilusión, polo que o domingo en Viveiro, as persoas que se queiran achegar ata a praza do concello, ata onde se sente a maxia de Pastor Díaz, desfrutarán de dúas sesións de maxia na rúa, dous pases de maxia cercana e divertida, onde as risas e o asombro están asegurados!!!
Praza de Viveiro (zona vella)
24 Abril 2016
18:00 e 19:30
AMAM nas rúas de VIVEIRO
Gratuíto