Santiago, 5 de abril de 2016.- A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou este martes na Comisión 8ª do Parlamento que para este ano a Consellería do Mar destina máis de 2,5 millóns de euros a inversións e ao funcionamento dos seus centros de ensino náutico-pesqueiro e ás accións formativas realizadas nos portos. Ademais a directora xeral sinalou que o ano pasado preto de de 4.400 alumnos e alumnas beneficiáronse das accións formativas impartidas pola Consellería do Mar nos centros de ensino e tamén noutras instalacións como os portos.
Neste sentido, Susana Rodríguez destacou o aumento da demanda da formación marítimo pesqueira e sinalou que se está a ampliar a oferta formativa, engadindo á formación regrada propia dos centros oficiais un incremento notable da oferta da formación non regrada, tanto en número como en variedade de tipo de cursos. Neste sentido informou que se impartirán cursos adaptados ás necesidades formativas do sector nos portos de Galicia, nas aulas de extensión pesqueira da Consellería e na Aula de Seguridade de Ferrol.
Ademais, para impulsar a formación no eido marítimo-pesqueiro, engadiu Susana Rodríguez, a Consellería do Mar instalou e continuará instalando equipos e programas informáticos necesarios para o simulador de navegación no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Este centro, subliñou a directora xeral, constituíuse no 2015 como Centro de Referencia Nacional na área profesional de Pesca e Navegación.
Por outra banda, no eido da formación en acuicultura, a directora xeral lembrou que a Consellería do Mar colabora coa Deputación de Pontevedra para mellorar a calidade da formación profesional no campo da acuicultura e o mergullo profesional. Para iso ofertan bolsas ao alumnado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IGAFA, para estadías en diferentes empresas e/ou institucións. Este centro, indicou Susana Rodríguez, formalizará proximamente a súa constitución como Centro de Referencia Nacional na área profesional de Acuicultura da familia profesional Acuicultura e Mergullo.
Marisqueo
En relación ao marisqueo na ría de Pontevedra a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro sinalou que as vendas de moluscos bivalvos realizadas en 2015 polas embarcacións incluídas no plan de explotación conxunto do fondo da ría de Pontevedra superan nun 25% ás de 2014. No caso do marisqueo a pé nesta ría as vendas de moluscos bivalvos son un 2,3% superiores ás de 2014.
Susana Rodríguez explicou que na produción e nos ingresos dos mariscadores e mariscadoras repercuten factores como os peches por biotoxinas, un fenómeno natural e recorrente co que conviven os profesionais do mar. Contrastouno co sistema de reinstalación de moluscos procedentes de zonas clasificadas microbioloxicamente como C, que dende 2012 permite ás confrarías enviar produto procedente destas zonas ás bateas de reinstalación para a súa depuración natural, o que permite a súa comercialización para consumo en fresco.
En canto á investigación sobre patoloxías dos moluscos, Susana Rodríguez, sinalou que a Consellería do Mar, a través do Centro de Investigacións Mariñas traballa en accións de investigación relacionadas coa potenciación ou resistencia das distintas especies de moluscos.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



