Burela, 25 de abril de 2016.- No pleno extraordinario, que se celebrará o vindeiro venres, 29 de abril, no Concello burelés sometarase a aprobación a adhesión ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente para a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. E tamén se estudará a incoación dun preceptivo informe de resolución do contrato de xestión da recollida do lixo, segundo deu a coñecer na tarde deste luns o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que “este venres teremos un pleno extraordinario ás dez da mañá basicamente porque hai unha serie de puntos que nos obrigan a apurar. Son basicamente a adhesión do noso Concello ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e as entidades xestoras dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) para tratar os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos no noso concello”. Alfredo Llano dixo que “vamos tratar de facilitar un labor que me parece moi importante, que é recuperar os residuos que se xeran nos aparellos electrónicos e eléctricos, que son moitos e moi variados e algúns deles contaminan moitísimo. Por tanto o que se vai tratar de facer é unha aposta por unha recuperación controlada. Tamén vamos tratar de mellorar o punto limpo e por tanto este convenio de adhesión é importante para o noso concello e canto antes o fagamos moito mellor”.
O alcalde contou que “outro punto refírese a empresa de limpeza viaria, que é Celtaprix, que está pasando uns momentos de provisionalidade e polo tanto temos que facer unha incoación dun preceptivo expediente de resolución do contrato de xestión do servizo de recollida do lixo. Porque evidentemente ao estar nunha situación na que non é a propia empresa quen pode dunha forma directa xestionalo vamos procurar facilitar que esta empresa siga traballando ata xaneiro de 2017, que é cando remata o contrato co Concello burelés”. Llano subliñou que “entón vamos procurar que siga ata esa data, pero xa non dunha forma de xestión directa coa empresa senón a través dos medios que a lei outorga para estas cuestións. E unha vez chegados a esa data, a de xaneiro do ano 2017, vamos tentar sacar unha alternativa moi consolidada e preparada para que este servizo, o da recollida do lixo, siga cunha fórmula de recuperación cara ao Concello ou ben dunha nova cesión a unha empresa concesionaria para facer este traballo”.
O rexedor insistiu: “quero dicir con toda claridade que vamos estudar todas as posibilidades que hai para reducir ao máximo posible o custo da recollida de lixo no noso concello. Aproveitando esta oportunidade vamos tratar de mellorar o servizo e tamén abaratar ao máximo posible o custo para os veciños do noso concello”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



