Foz, 4 de abril de 2016.- No pleno ordinario do xoves 7 de abril, o Grupo Municipal Socialista de Foz presenta dúas mocións que xa foron aprobadas por unanimidade na comisión informativa de asuntos de pleno.
A primeira das mocións, ten que ver ca escorrenta de auga que se acumula na confluencia da estrada da Diputación LU-P-2001, que vai dende Vilaxoane a San Martiño (carretera de San Blas), ca pista que sube a Mourente. Son moitos os veciños que transitan por dita estrada diariamente e a gran bolsa de auga que se acumula nese lugar produce un grave risco para todos os usuarios. O PSOE pide a Deputación de Lugo se canalice a auga que provén, parece ser, dunha fonte para solucionar o problema que xa ven de fai tempo.
Ca segunda moción o grupo municipal socialista insta o Goberno Municipal a darlle solución á corrente de auga que brota preto das pistas de tenis, de Marzán, e que discorre ao longo das pistas onde se fan as prácticas para a obtención do permiso de condución de motocicletas. Esta situación é mais evidente cando chove, chegando incluso a auga ata as inmediacións do pavillón de deportes. Recibimos numerosas queixas neste sentido por parte dalgunha autoescola, dado que pode provocar un accidente grave. De feito, xa teñen ocorrido algunhas caídas, por agora, sen importancia, que non queremos se volvan a producir.Pedimos que se analice de onde ven esa auga, que pode ser dunha fonte ou da filtración das pistas de tenis cando chove, que se poñan tubos de drenaxe e/ou se derive a auga ó desaugue cercano.