Alfoz, 4 de abril de 2016.- Un ano máis, o Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz fíxose pequeno para albergar a toda a xente que presenciou e participou na primeira xornada das III Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, celebrada o pasado sábado. Nesta xornada desenvolvéronse as probas culturais, formadas polos clásicos xogos do Un dous tres, Trivial e Stop. Nesta primeira proba o equipo gañador foi o representante da parroquia de Castro de Ouro, que despois dun mal inicio puido remontar no xogo do Stop, xogo no que as parroquias de Mor e Bacoi tiveron a sorte de costas ao tocarlles participar coa fatídica letra “ñ”, verdadeiro “antichollo” deste xogo.
A clasificación xeral quedou encabezada polo equipo de Castro de Ouro, con 219 puntos, seguido de Pereiro-Oiras con 211, Adelán con 192, Carballido con 167, Lagoa 163 puntos, Mor con 155, Reirado-Vilaude con 148 e finalmente Bacoi, campioa desta proba o pasado ano, con 141 puntos.
O Xurado, encargado deliberar sobre as diferentes probas, estivo formado polos membros do Seminario de Estudos do Valadouro Aurora Geada, Pilar Díaz e Pepe Peinó.
Desde a Área de Cultura do Concello de Alfoz quérese felicitar a todos os participantes e agradecer o esforzo aos membros do xurado, así como a Luis Miguel Yáñez e Claudia Pena, presentadores do evento, e a Manuel Álvarez e Lucas Rega, técnicos de son e imaxe.
A seguinte xornada celebrarase o sábado 16 de Abril coas probas deportivas.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



