Lugo, 25 de maio de 2016.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou na mañá deste mércores en Viveiro na presentación da etapa de La Vuelta a España 2016 que partirá desta localidade o día 24 de agosto e que terá como destino final a cidade de Lugo.
Arias subliñou que “a volta ciclista é un importante escaparate para o sector turístico da Mariña, dado a enorme repercusión mediática do evento, que se retransmite ata en 190 países”, e fixo especial fincapé no retorno económico que xerará para comarca. Neste senso, lembrou que “o ano pasado, La Vuelta a España, deixou en Galicia uns 4 millóns de euros.
O día 25 de agosto, La Vuelta continuará pola provincia de Lugo cunha nova etapa que partirá de Monforte de Lemos percorrendo boa parte da Ribeira Sacra lucense.