Ribadeo, 23 de maio de 2016.- Acisa ofrece titorías personalizadas para o correcto uso e aproveitamento das redes sociais a partir do próximo 30 de maio. “Trátase dun curso personalizado, que se adaptará ao nivel de coñecementos de cada un, co fin de proporcionar unha mellor atención”, segundo explican desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
As clases impartiranse nos centros de traballo, “por iso é polo que ás titorías poidan acudir todos os empregados que así o desexen. Os horarios atópanse adaptados ás necesidades dos nosos socios”. Darán comezo o 30 de maio, “a razón de tres socios por día. Estarase unha hora con cada un de eles”, e concluirán o 10 de xuño.
Foron 21 os asociados que se anotaron para participar nestas titorías sobre redes sociais.