Esta intervención, forma parte dun contrato máis amplo, licitado por un investimento global de case 3,6M€, no que se inclúen tamén actuacións de mellora do firme na LU-530, ao seu paso polos concellos de Lugo e de Castroverde
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025. A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de iniciar as obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-113, no seu percorrido polos municipios de Cospeito e de Abadín.
Esta intervención, forma parte dun contrato máis amplo, licitado por un investimento global de preto de 3,6 M€, no que se inclúen tamén as obras de acondicionamento do firme na estrada LU-530, ao seu paso polos concellos de Lugo e de Castroverde.
De xeito máis concreto, as obras que se iniciaron hoxe pola LU-113, teñen como obxectivo actuar no acondicionamento do firme dun tramo de algo máis de 12,6 quilómetros de lonxitude, entre os puntos 10+000 e 20+180, no municipio de Cospeito; e desde o punto quilométrico 20+180 ao 22+780, xa no concello de Abadín.
No caso da estrada LU-530, as actuación proxectadas comprenden unha lonxitude total de 16,4 quilómetros. Deste xeito, actuarase no treito que vai desde o quilómetro 3+600 ao 12+640, no seu percorrido pola municipio de Lugo; e no treito que continúa desde o punto 12+640 ao 20, no concello de Castroverde.
En ambas estradas, as actuacións teñen como obxecto a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación nos distintos treitos destas dúas vías autonómicas, completado as obras co repintado das marcas viarias.
As intervencións obxecto deste contrato non implican a realización de expropiación algunha, xa que todas están incluídas dentro da franxa de dominio público.
O departamento que dirixe M. Allegue continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este ano 68M€ á súa conservación.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



