José Tomé Roca asinou ante notario, no Pazo de San Marcos, a venda dos primeiros terreos deste parque empresarial de Feira do Monte, no que a institución investiu 1,3M€.Con estas novas operacións, quedan dispoñibles 18 parcelas para a súa venda
Lugo, 2 de xuño de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, formalizou a sinatura da venda na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, e ante notario,da venda das 6 primeiras parcelas do polígono industrial de Cospeito, coñecido como parque empresarial de Feira do Monte. Esta operación marca un paso importante no impulso ao desenvolvemento económico e á dinamización do rural, nunha infraestrutura na que a institución investiu 1,3 millóns de euros.
En concreto, a institución provincial vendeu as parcelas número 13,14,15,16 e 17 ao empresario Nicolás Pico Yáñez; mentres que a parcela número 27 foi adquirida por un particular. En total, estas seis parcelas suman 6.377 m2, cun prezo de venda conxunto de 248.000 euros. O prezo por metro cadrado quedou fixado en 39 euros,grazas á aplicación dunhabonificación do 30% sobre o prezo inicial de 55,72 €/m². Tras esta operación, quedan 18 parcelas dispoñiblesdas 24 que conforman o parque, dúas das cales están xa comprometidas e pendentes de formalización.
O parque empresarial de Feira do Monte conta cunha ubicaciónestratéxica, próxima á Autovía A-6, o que facilita a conexión co resto da provincia e mellora a loxística empresarial.A superficie total é de 56.726m2, dos que as parcelas de solo urbano que se poñerán á venda pola Deputación de Lugo ocupan 22.459m2, mentres que o solo dotacional ten unha extensión de 2.247m2; os espazos libres 10.849m2; os viarios e aparcamentos 10.490m2; e as áreas verdes 10.681m2.
No resto dos parques industriais que xestiona a Deputación de Lugo a dispoñibilidade é de 12 parcelas no polígono de Baleira, das 27 existentes; 39 das 51 en Castroverde; 25 en Friol, das 55 coas que contaba este parque; 2 en Ourol das 3 coas que conta; 13 das 19 que había inicialmente no de Paradela; e 2 das 12 iniciais do complexo de Begonte.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



