Entre as actuacións recollidas están a melloras na instalación eléctrica e accións formativas en informática e intelixencia artificial co obxectivo de afondar nas posibilidades que ofrece esta tecnoloxía
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025. A Consellería do Mar colabora coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores para financiar investimentos para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción dos pósitos galegos. O acordo foi asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que puxo en valor o traballo que desenvolve esta entidade como interlocutor e representante dun sector estratéxico para a economía galega.
O responsable autonómico, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, destacou que o convenio permitirá mellorar os equipamentos cos que conta na actualidade a federación. Así, recolle a adquisición de equipos informáticos para mellorar as reunións en liña, tamén a optimización da instalación eléctrica da sede da entidade e novo mobiliario, máis ergonómico, repercutindo positivamente na seguridade laboral dos seus traballadores.
Por outra banda, tamén inclúe a dotación dunha pantalla táctil intelixente para a aula na que se realizan accións formativas dirixidas ao sector. Nesta liña, contén a realización de novas accións formativas e divulgativas destinadas ás confrarías e aos seus membros a través dun curso de informática de intelixencia artificial. A finalidade e afondar nos coñecementos e posibilidades que ofrece esta tecnoloxía no ámbito da xestión dos pósitos galegos.
Alfonso Villares enmarcou este acordo na estreita colaboración entre o Goberno galego e esta entidade sectorial que conta con preto de 13.000 afiliados, entre empresas e traballadores, aglutinando a todos os subsectores da pesca, destacando especialmente o marisqueo e a pesca de baixura e artesanal. O titular de Mar destacou que este diálogo e traballo conxunto entre a Administración e os profesionais é o piar no que se sustenta a xestión pesqueira na comunidade, e louvou o peso da pesca no ámbito económico e social, destacando o seu papel para garantir a soberanía alimentaria.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



