A Mariña, 24 de maio de 2016.- O coordinador comarcal dos populares, Jose Manuel Balseiro, salientou que 14 centros educativos públicos da nosa comarca (9 colexios e 5 institutos) beneficiaranse dos coñecidos como contratos-programa da Xunta, isto é, dunha iniciativa da Consellería de Cultura e Educación que ten por obxecto mellorar o éxito escolar e promover a excelencia no ensino público.
Balseiro explicou que con esta iniciativa busca reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado.
Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.
Distintas liñas de actuación
A liña de actuación máis solicitada continúa a ser a número 1(antigo programa PROA), para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural. Un total de 9 centros docentes desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán con docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin.
A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, é a segunda en número de participantes. Así, a liña 2a, competencia matemática, será de desenvolvida por 3 centros; mentres que a 2b, competencia en comunicación lingüística, contará con 2 centros participantes; pola súa parte, a 2c, deseñada para reforzar as competencias en ciencia e tecnoloxía, será desenvolvida por 2 centros.
No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e incorpora este ano por primeira vez a promoción da igualdade, contará coa participación de 4 centros
Finalmente a liña 5, dirixida á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, participarán 4 institutos e un colexio.
Os centros participantes na Mariña son os seguintes:
Concello | Nome do centro | 1 | 2a | 2b | 2c | 3 | 4 | 5 | 6 |
A Pontenova | CEIP Plurilingüe da Pontenova | X | |||||||
Barreiros | CEIP San Miguel de Reinante Barreiros | X | |||||||
Burela | CEIP Virxe do Carme | X | |||||||
Foz | CEIP O Cantel | X | |||||||
Lourenzá | CEIP Juan Rey | X | |||||||
Ribadeo | CEIP Gregorio Sanz | X | |||||||
Trabada | CEIP Celso Currás | X | |||||||
Viveiro | CEIP Antonio Pedrosa Latas | X | |||||||
Viveiro | CEP Luís Tobío | X | X | X | |||||
Institutos: | |||||||||
Burela | IES Perdouro | X | X | X | |||||
Burela | IES Monte Castelo | X | X | ||||||
Foz | IES de Foz | X | |||||||
Mondoñedo | IES Plurilingüe San Rosendo | X | X | X | X | X | |||
Ribadeo | IES de Ribadeo Dionisio Gamallo | X | X | X |
Incremento de orzamento
Cómpre salientar, ademais, que a Consellería reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que acadan os 3,1 millóns de euros, un 18% máis ca no curso anterior.
Balseiro lembrou que desde o Goberno galego defenden a utilidade deste tipo de iniciativas ata o punto de consideralos unha ferramenta esencial á hora de acadar avances tan significativos como conseguir baixar a taxa de abandono educativo temperá en Galicia case 9 puntos respecto de 2009.