O salón de conferencias do Concello de Burela foi escenario o pasado sábado 30 de abril dunha charla destinada ao colectivo inmigrante de Burela. O obxectivo foi sensibilizar á poboación estranxeira sobre algúns aspectos socio sanitarios importantes. Titulada “Los medicamentos no son caramelos, aprendamos a usarlos correctamente” abordou cuestión coma as vacinas infantís, a importancia de facer revisións oculares ou dentais, así como algunhas nocións básicas para previr a diabetes e o colesterol, entre outros asuntos. A charla foi organizada pola Concellería de Inmigración e Cooperación en colaboración co servizo de farmacia do centro de saúde de Burela. Angélica Gómez agradeceu “a participación e axuda do centro de saúde para realizar esta actividade e tamén a asistencia á mesma”.
