Burela, 24 de Maio de 2016.- O grupo municipal nacionalista viu nas últimas datas con sorpresa como o alcalde de Burela, Alfredo Llano, calificaba de fluida a relación que manteñen pero parecíalle pouca a aportación do BNG.
Sen embargo, no BNG saben que foron moitas as iniciativas, xa foran mocións, rogos, preguntas ou diversas peticións que teñen feito, cun total de corenta. Un 15 % delas foron rexeitadas directamente, outro 15 % foron aceptadas ou respostadas satisfactoriamente, mentres o 70 % restante foron aceptadas pero non se cumpliron. Semella que o problema é que o alcalde non fai moito caso do trabalo dos nacionalistas, por iso o considera tan escaso.
“Se algo se nos pode dicir é que estamos a facer unha oposición totalmente constructiva, temos apoiado e rexeitado propostas e tamén nos abstivemos cando foi necesario, sempre mirando polos intereses dos veciños de Burela” sinalou Mario Pillado voceiro nacionalista. “Para nós era moi sinxelo sentarnos e agardar, como se estivésemos a quilómetros de distancia, a cada sesión plenaria, como fan outros, pero cremos que é mellor para os veciños construír e presentar iniciativas, levando a cabo un traballo continuado”.
Cómpre destacar que non so traballan no ámbito institucional senón que dan a súa opinión en temas fundamentais para a vila, como os servizos básicos. “Temos insistido moito na necesidade de que sexan servizos públicos que preste o concello, téñennos dado a razón, pero logo non o levan á práctica” recoñeceu Pillado.
Noutros casos como a solicitude de retirada da bandeira da UE en relación co conflito dos refuxiados, directamente non accederon a facelo. Tamén queren destacar dende a organización frontista, que se trata do traballo de moitas persoas do consello local. “Non me molesta polo meu traballo senón polo traballo desinteresado de compañeiros que non teñen unha acta e que o fan polo ben do veciños, cremos que para eles non é de recibo que se lles desconsidere desa maneira” destacou o voceiro nacionalista.
No pleno deste Xoves non levan nengunha moción, é mellor a que se vaian cumplindo algunhas que están pendentes como a da mellora da praza de abastos ou a da xestión das praias e contratacións dos socorristas. “Ímonos encargar de recordarlle todo o que está pendente e levamos iniciativas novas que recollemos dos veciños e colectivos, como en cada sesión plenaria”, finalizou Mario Pillado.