Burela, 20 de xuño de 2016.- O Concello impartirá tres cursos no centro de formación ocupacional ao longo dos vindeiros meses. Estes días procédese á selección do alumnado e do profesorado, segundo deu a coñecer este luns o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que “Burela solicitou este ano unha serie de cursos de formación ocupacional e de todos os solicitados foron aprobados tres. Un deles é o xestión integrada de recursos humanos de 808 horas de duración. Outro é o de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que son 468 horas e un terceiro de operacións, gravación e tratamento de datos e documentos, de 458 horas”.
Alfredo Llano dixo que “estes cursos están homologados e adaptados aos certificados de profesionalidade. Son un instrumento extraordinario para a acreditación oficial das cualificacións profesionais, o cal vale moito para favorecer o emprego ou para ir completando estudios. Por iso é moi interesante que se faga calquera destes cursos”. E engadiu que “todos eles terán unha determinada cantidade de horas para facer prácticas profesionais, que se repartirán en diferentes empresas, aquí de Burela. Polo tanto complementan perfectamente as labores de ensinanza teórica co práctica e iso da lugar tamén a moitas posibilidades laborais”.
O alcalde manifestou que “todas as persoas que teñan interese nestes cursos o único que teñen que facer é pasar pola avenida de Arcadio Pardiñas, que é onde temos o centro de formación ocupacional”.
Alfredo Llano indicou que “o comezo trataremos de que sexa o antes posible porque os tres cursos teñen que estar rematados antes de que remate este ano. Agora mesmo xa estamos coa selección do alumnado e tamén do profesorado que os impartirá. En canto as prazas estean cubertas iniciaranse os cursos inmediatamente”. O rexedor considera que “é bo para completar a súa formación, son puntos para sumar e acadar un bo emprego e de calidade”.
Cada curso contará con 15 alumn@s.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



