Viveiro, 13 de xuño de 2016.- O domingo celebrouse na localidade ourensá de Esgos o Campionato Galego de Montaña, a proba desenrolouse desde a localidade de Esgos ó cumio do monte de Rocas Eirado, cunha distancia de 13 km, participando atletas de toda Galicia.
Os medallistas do C.D.Egovarros-Viveiro foron: na categoría de M50, Emilio Martínez que acadou a medalla de prata, sendo o noveno da clasificación xeral; o seu compañeiro Eliseo López (na foto) na categoría de M65, tamén se fixo coa medalla de prata.
A próxima competición na que estarán presentes os atletas do Egovarros-Viveiro será no Campionato Galego de Pista ao Aire Libre que se celebrará o vindeiro sábado na localidade de Vilagarcía de Arousa.