Sargadelos, 13 de xuño de 2016.- A Presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, puxo en valor este luns o esforzo que fixo Sargadelos por manterse activa en tempos tan difíciles.
Durante a visita ás instalacións que a cerámica ten en Cervo, a líder dos populares en Lugo agradeceu “o esforzo” e “valentía” que os traballadores e directivos desta compañía demostraron nos últimos anos nos que tivo risco de peche.
Neste sentido, Elena Candia amosouse confiada da súa continuidade xa que “a rendibilidade da fábrica e da marca Sargadelos está máis que demostrada”. Así, recordou que o imperio Sargadelos de Cervo pechou o ano 2015 con beneficios, maiores vendas e saíndo da situación de concurso de acreedores.
Ademais Candia destacou o importante papel que desenvolve a cerámica de Sargadelos como dinamizadora da vida empresarial e cultural na provincia de Lugo e en toda Galicia. “Lugo non se entende sen Sargadelos e Galicia tampouco. Sargadelos é parte da cultura galega, é unha das nosas insignias, dos tesouros máis recoñecidos no mundo”.
Durante o encontro, a líder dos populares en Lugo, Elena Candia, amosou o seu compromiso como mediadora a prol do seu bo porvir. Recordou que os populares sempre estiveron do seu lado “tanto nos bos momentos como nos malos”, cando a Xunta aprobou unha axuda que permitiu minimizar a situación de regulación de emprego en 2010.
A incerteza, un risco para a recuperación
“Sempre apoiaremos ás empresas que pasan por dificultades e seguirémolo facendo no futuro con todas as nosas forzas”, dixo Candia.
A líder dos populares en Lugo recoñeceu que a crise puxo en perigo moitos proxectos empresariais que, como Sargadelos, empezan a recuperar oportunidades e xerar emprego, aínda con retos pero afrontando o futuro con maior ilusión, polo que desde o PP reclaman que non se poña en risco a recuperación apostando por políticas fracasadas o partidos cheos de incerteza.
Ben de interese cultural
Por outra banda a visita tamén valeu para poñer en valor o outro gran espírito desta cerámica que ten o mérito de facer sentir as súas creacións como algo propio dos galegos, orgullosos da calidade das súas louzas feitas con terras do país e de formas nacidas das mentes máis extraordinarias.
Pero non só a louza tamén as súas instalacións tan peculiares e, nesa liña lembrou que o ano pasado a Xunta declarada como Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de monumento, a Fábrica de Cerámica de Sargadelos ligada ao Laboratorio de Formas.
Candia estivo acompañada na súa visita ás instalacións de Sargadelos, dos cabezas de lista ao Senado e ao Congreso, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez respectivamente, do candidato popular Jaime de Olano, do coordinador do PP na Mariña e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro e do alcalde da localidade, Alfonso Villares.