O Vicedo, 28 de maio 2025. No pleno a celebrar na casa consistorial de O Vicedo este mércores 28 de maio trataranse diversos temas que presenta o BNG e que son demandas dos veciños e veciñas nas que en moitos casos o concello eternízase na resposta ás mesmas.
O portavoz nacionalista Miguel Fraga anuncia que propoñerá á alcaldía a reparación urxente do vial da Paleira, que está nun estado lamentable e une as parroquias de Cabanas (O Vicedo) e Galdo (Viveiro), polo que instará ao alcalde a iniciar conversas co Concello de Viveiro para a reparación desta importante via.
No referido aos viais, o BNG insta tamén ao goberno municipal a proceder á limpeza de maleza na rede viaria local, algo que debera estar previsto, planificado e calendarizado con anterioridade para que os traballos de limpeza sexan eficaces e eficientes.
Accesos ao apeadoiro de Fogueiro en estado deplorable
O vial de acceso ao apeadoiro e á decantadora de Folgueiro precisa dunha reparación urxente, pois o asfalto é xa inexistente, as arquetas presentan un estado deplorable, con tapas soltas e apoios danados, “o que o convirte nun vial totalmente inseguro, polo que non pode haber máis dilación en acometer a obra de reparación, pois leva anos así, e oportunidades houbo para conseguir financiamento para a mesma, coma por exemplo cos Plans da Deputación” afirma Miguel Gómez.
Gómez propoñerá tamén ao goberno municipal presidido por Jesús Novo adoptar medidas para garantir o suministro eléctrico no caso de apagóns, ben por temporais, ou ben por outras causas como pasou o pasado 28 de abril. Para eso propón a implantación de métodos alternativos que alimenten de enerxia en caso de emerxencia os servizos básicos coma o Centro de Saúde, o PAI, o colexio, a Casa do Concello e a infraestrutura de suministro de auga, instalando xeradores eléctricos.
Moción para a creación dun punto limpo para plasticos agrícolas
Esta é unha vella demanda de agricultores, gandeiros, e do Bng, que xa levou o asunto a pleno con anterioridade, sen que o goberno de Jesús Novo fixera absolutamente nada ao respecto. É por eso que os nacionalistas proponen nesta mocion a creación dun punto limpo para plásticos agrícolas, tramitar o seu financiamento co que se percibe do Fondo de Compensación Amblental, e modificar a RPT para ter persoal que poida atender o servizo.
Moción para o mantemento da actividade industrial na facoría de Alcoa
O BNG, despois da reunión mantida na fábrica co Comité de Alcoa e auxiliares, por petición do comité o pasado 21 de marzo, reunión na que participaron o deputado no Congreso Néstor Rego e representantes institucionais do Bng mariñao entre os que estaba tamén o edil vicedense Miguel Fraga, o Bng levou aos concellos da comarca unha moción asuspiciada polo comité e que recolle tamén moitas das propostas que o Bng leva feito ao respecto. A moción do BNG está aprobándose por unanimidade en todos os concellos e é de agardar que no Vicedo tamén.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



