A directiva das ED Lourenzá traballa estos días na rexeneración do terreo de xogo de Sta. Cruz así como no bar do campo. No campo de fútbol a misión principal é a da recuperación das áreas así como unha escarificación do resto do terreo, aínda que esta temporada é un ano no que o campo non sufríu moito debido a ter o campo anexo de Sta. Cruz para adestrar e para disfrutar encontros de categorías inferiores. No bar do campo o chan xa conta con plaqueta que poderán disfrutar os socios e aficionados unha vez comence a nova tempada 2016/2017. O Concello de Lourenzá colaborou aportando todo a insfraestructura e a inversión de material necesaria para realizar as obras tanto do bar como no céspede; polo que dende a directiva agradecen profundamente a súa colabaración.



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



