Viveiro, 13 de xuño de 2016.- O IES Vilar Ponte de Viveiro vai celebrar o vindeiro día 20 de xuño a I Xornada Educativa co título: O acoso escolar, una realidade oculta, a cargo de prestixiosos especialistas neste eido, todos eles pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela. Será a partir das 17:15 horas.
O acto inaugural estará a cargo do doctor Don Miguel Anxo Santos Rego, no que se analizará a importancia da relación familia –escola como factor da calidade educativa.
O doutor Don Xosé Antón Gómez Fraguela dará paso á primeira ponencia na que explicará cómo podemos previr o acoso na escola.
Para entender como as redes sociais son instrumentos usados para fomentar o acoso, o doctor Don Antonio Rial Boubeta ofrecerá as claves para entender e previr estas situacións, ao longo da segunda ponencia.
Finalmente a doctora Dona Mar Lorenzo Moledo cerrará esta xornada coa ponencia na que destacará o poder da familia na educación.
A finalidade desta xornada, organizada polo IES Vilar Ponte de Viveiro e dirixida aos profesionais dos centros educativos da Mariña, así como ás familias dos alumnos do noso centro, é a de sensibilizar á comunidade educativa, e á sociedade en xeral, dun problema latente na nosa sociedade e nos nosos centros.