MONDOÑEDO (Lugo), 6 de xuño de 2016. A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González rexistrou dúas preguntas na pasada sesión plenaria, na que, por un lado demandou explicacións a Elena Candia sobre empresa Cerámica Sargadelos S.L., que reclama que se lle abone unha factura contraída o 16 de xuño de 2006, por un importe de 10.556 euros.
Segundo a voceira socialista “a débeda foi contraída no ano 2006, cando o PP gobernaba o Concello de Mondoñedo e Candia formaba parte da corporación municipal. Por iso os mindonienses deben saber si se vai pagar esta factura que ten un importe de máis de 10.000 euros relacionadas con figuras de Sargadelos”.
González tamén se interesou por un Informe de Ministerio de Facenda no que comunica ao Concello que incumpriu a obrigación de remitir en prazo información relacionada coas contas municipais. Concretamente reclaman a execución trimestral do cuarto trimestre do 2015, e as liñas fundamentais do orzamento 2016.
A grupo socialista realizou un rogo, a petición dos veciños de Lindin, no que reclaman que se arranxe a vía da Calzada, unha infraestrutura viaria moi utilizada polos mindonienses e que esta chea de baches.
Sobre o regulamento do Mercado Medieval proposto polo PP no Pleno do Concello, González dixo que o PP trouxo para debater un regulamento sen falar con ningún dos axentes implicados, empezando pola ACIAM. “Non falou con ninguén, nin coa ACIAM, nin co sector da hostaleira, nin cos que colaboran no Mercado, nin coas persoas afectadas por este regulamento”. E na comisión informativa, que se celebra antes do Pleno, “tampouco poidamos debater nin preguntar, xa que este documento foinos entregado ese mesmo dia”.
No que se refire a normativa sobre voluntariado cultural, e que xa conta cunha partida de 3.000 euros, o grupo socialista votou a favor “recalcando que os voluntarios non van a cobrar ningunha remuneración económica polos seus servicios”.