13 de xuño de 2016.- Este mes Paso Miudo recorreu as Fragas do Eume, na senda da Ventureira e os Encomendeiros, unha preciosa ruta no corazón do parque natural. Rematárona coa súa churrascada tradicional que estivo un pouco deslucida pola fina chuvia que caeu, pero repetirán.
