Un ano máis ADEGA celebra o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o sábado 9 de xullo de 2016 nas ribeiras do río Sor. Este ano 2016 continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais. Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo.
Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos, e as ribeiras do río Sor é un espazo moi acaído para a realización desta actvidade.
Contaremos coa colaboración da Asociación Nordés Faladora, que levan varios anos inspeccionando varios treitos do río Sor.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.
PROGRAMA
10.30 horas: recepción de participantes en Ponte Segade e presentación
11.00 horas: desprazamento ata Ribeiras do Bispo e inicio do bioblitz
14.30 horas: xantar
16.30 horas: continuación do bioblitz
19.30 horas: remate da actividade
A ruta é lineal e de aproximadamente 10 km de baixa dificultade.
Para participar é preciso anotarse nos seguintes teléfonos e e-mails: 650 261 283 e viqui@adega.gal (Viqui), 627 628 194 e pacobanhobre@adega.gal (Paco), 981 57 00 99 / 619 672 038 (local de ADEGA) e 653 756 454 ou asociacion.nordes@gmail.com (Asociación Nordés – Ricardo).





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



