32 antigos alumnos do colexio focense Martínez Otero reuníronse nunha cea celebrada no restaurante O Racimo, de Foz. Os participantes, que son veciños do municipio focense e do de Burela, formaban parte da promoción que remataba os seus estudos no ano 1976 nese centro que entón estaba rexentado por Hermanos Maristas.
