O Equipo de Coordinación e Comunicación de ESPAZO-EQUO fixo unha primeira valoración do Manifesto pola Confluencia presentado onte polos alcaldes das Mareas de A Coruña, Ferrol e Compostela.
ESPAZO-EQUO valora positivamente este chamamento dos alcaldes sinalando tres aspectos a destacar: a asunción de que o formato de coalición partidaria de En Marea esta superado; a necesidade de construír unha única e nova plataforma política na que se integren os diversos axentes políticos e sociais, partidos e mareas, que como no caso de ESPAZO-EQUO, quedaron á marxe da estrutura política e decisión de En Marea; e, en terceiro lugar, o recoñecemento do traballo realizado durante estes meses por máis de medio centenar de persoas de diversas Mareas que foron traballando en diferentes documentos no espazo de MAREAS EN COMÚN.
En todo caso, ESPAZO-EQUO estará atento á convocatoria aberta anunciada para as próximas semanas e amosa a súa intención de participar. Namentres anima a todas as persoas a participar no encontro de MAREAS EN COMÚN do próximo sábado 9 que se celebrará no concello de A Estrada onde se seguirá avanzando no proceso de traballos cara a construír unha candidatura de unidade cidadá ampla para as próximas eleccións autonómicas.
ESPAZO-EQUO, que debatira na súa próxima Mesa Nacional a participación nas próximas eleccións autonómicas, considera que estes pasos deben acabar consolidandose coa convocatoria dunhas eleccións primarias abertas e sobre a base da libre concurrencia das que deberían sair a candidata das Mareas para a presidencia da Xunta de Galicia e as diferentes candidatas ao Parlamento de Galicia.