O Parque de San Francisco albergará a exposición “Diversxs e visibles” que se enmarca dentro do programa RIBADEO DIVERSO, que se desenvolverá ao longo de toda esta semana para a reivindicación dos dereitos e liberdades do colectivo LGTBI.
Con motivo do Día do Orgullo LGTBI, celebrado o 28 de xuño, desde o balcón da Casa do Concello pendurouse a bandeira multicolor. Este acto simbólico ten agora continuación con esta exposición-homenaxe a todas as vítimas da homofobia.
A inauguración celebrase a partir das 13.30 horas deste martes 12 de xullo.
“E ti cantas nais tes?”
O programa RIBADEO DIVERSO tamén irá orientado a pequenos e pequenas. O venres 15, a partir das 11.30 horas temos unha cita a carón da exposición “Diversxs e visibles”, no Parque San Francisco” para desfrutar dun contacontos que axudará á concienciación arredor deste tema.
“E ti cantas nais tes?” é un espectáculo formado por varios contos que amosan diferentes modelos familiares, dunha maneira moi natural e normalizada, co obxectivo de que as nenas e nenos participantes, se sensibilicen no respecto á diversidade, en especial coas familias LGTBI.
Historias de familias diversas, onde se cadra hai dúas nais, ou un fillo cunha cor de pel diferente, familias onde algún dos seus membros se cambiou de sexo, ou familias cunha relixión diferente ou sen ela, pero cun denominador común, en todas as familias quérense, e ese sentimento é o único que importa.
50 minutos de diversión asegurada escoitando historias que farán que sexamos mellores persoas.
Ademais, ao rematarmos o contacontos, haberá oportunidade de participar nun obradoiro chamado “A miña familia”, actividade manual a modo de reforzo do contacontos, en que as nenas e nenos reflectirán de maneira plástica a realidade das súas familias. O límite de participación para o obradoiro é de 20 nen@s, cuxa idade irá entre os 3 e 10 anos. A xornada rematará arredor das 13.30 horas.
Concerto de ‘De Vacas’
E a última actividade para o RIBADEO DIVERSO chega en forma de espectáculo musical co concerto de DE VACAS. O sábado, a partir das 20.30 horas. poderemos desfrutar da actuación do grupo nomeado aos últimos premios Martín Códax da Música.
De Vacas é un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces. Inés, Faia e Paula (voces) e Guille Fernández (guitarra). Fan versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar.
Dende as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló… temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca e que rescatan para nós nun formato fresco e divertido co que emocionarse e rir a partes iguais.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



