A Mariña, 11 de xullo de 2016. Cinelandia Ribadeo acolleu este luns a presentación do anuncio publicitario da Mariña Federación, realizado para promocionar as compras na comarca. O anuncio proxectarase durante seis meses nos cinemas de Viveiro e nos de Ribadeo, así como nas redes sociais do colectivo que aglutina a seis asociacións de comerciantes da zona: Ribadeo, Foz, Burela, Xove, Viveiro e O Vicedo.
Os protagonistas do anuncio son veciñ@s da Mariña, que foron seleccionados no casting que tivo lugar en Burela hai varias semanas. As localizacións do anuncio discorreron en diversos escenarios naturais de Barreiros e Burela.
O obxectivo desta campaña da Federación de Comercio da Mariña pasa por “defender ás nosas asociacións de comerciantes, aos nosos hostaleiros, aos nosos comerciantes” apostamos polas compras no comercio próximo, tradicional, moderno e de calidade co que contamos nesta comarca e tamén pola gastronomía rica en produtos da zona que ofrecen os nosos restauradores a quen nos visita e aos que vivimos aquí. O potencial turístico da Mariña é enorme. Esta comarca recibe a miles de visitantes todos os anos e iso témolo que aproveitar en beneficio de hoteis, restaurantes e comercios”.
A este primeiro anuncio seguiralle un segundo, que se atopa na fase de postproducción neste momento.
No acto celebrado esta tarde en Cinelandia Ribadeo o presidente da Mariña Federación, Ramón Leivas, insistiu na necesidade de que “os mariñáns concienciémonos da importancia que ten para os nosos pobos comprar e consumir no noso comercio e na nosa hostalería. É importante que teñamos moi presente esa premisa e que lla transmitamos a quen nos visita. A Mariña vive da Mariña e do turismo que xera”. Subliñou que a comarca conta “con moi bo comercio, moi bos hoteis e restaurantes” e os nosos asociados sempre están predispostos a escoitar as suxestións dos nosos clientes. Iso é algo que nos distigue”. Ramón Leivas insistiu en reclamar “unha maior implicación das administracións para levar a cabo campañas de promoción como estas, para mellorar as infraestruturas e para que as localidades da Mariña estean bonitas e impacten nos visitantes”.
E Laura Vázquez, de Emarela, empresa encargada da rodaxe do anuncio, explicou que “ten como destinarios, en liñas xerais, aos mozos adultos sen fillos, que son os que máis se desprazan a grandes áreas comerciais”. E subliñou a importancia que ten comprar no comercio local: “o comercio local non só recibe dos seus clientes, senón que tamén dá. Sen eles non teriamos sorteos, nin premios, nin sequera moitas festas nos pobos da zona”. O slogan do anuncio é “hai que namorarse do noso comercio, porque ou amor é dar, pero tamén recibir”, engadiu Laura Vázquez.
Ao acto asistiron representantes das asociacións de comerciantes que forman parte da Mariña Federación, así como os actores protagonistas (Vanesa Lodos Uz e Javier Rodríguez García, de Foz), Víctor Rolle, actor de Viveiro que pon a voz do anuncio, así como representantes de Emarela.