Burela, 11 de xullo de 2016. O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, respecto e responsabilidade aos bañistas que acoden aos areais de Burela. Os socorristas rescataron este domingo a dúas persoas que se viron en apuros na praia da Marosa.
O edil socialista sinala que “os socorristas están nas praias para velar pola nosa seguridade, pero non se poden facer cargo da nosa irresponsabilidade. Quero pedirlles aos usuarios das praias de Burela que fagan caso das bandeiras que atopan cada día nos areais e tamén das indicacións dos nosos socorristas” e advirte que “en caso de que a bandeira estea vermella e como consecuencia o baño prohibido os socorristas de Burela solicitarán a intervención da Garda Civil si algún bañista persiste na súa intención de meterse na auga. Os socorristas non poden arriscar a súa vida pola nosa irresponsabilidade”.
Ramiro Fernández Rey lembra que “a praia da Marosa é un areal fantástico, pero é unha zona de baño complicada. É moi importante atender ás indicacións d@s profesionais que están a traballar no servizo de salvamento e socorrismo”.
O primeiro tenente de alcalde felicita “os socorristas pola rápida actuación de onte, que conseguiu que todo quedase nun susto”.
Nos areais de Burela traballan durante todo o verán 8 socorristas, o último incorporouse ao seu posto o pasado sábado.