Ribadeo, 29 de julio de 2016. Ribadeo acollerá o 4 de agosto, xoves, unha nova edición da Noite Flúor organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa). Neste evento participan máis de 30 tendas que abrirán ata as once e media da noite, ofrecerán descontos e sorpresas e entregarán pulseiras fluorescentes. Ademais haberá actuacións musicais nas rúas, viaxes gratuitos no tren turístico e actividades infantís, entre outros actos.
As actuacións musicais serán na praziña da avenida de Galicia, na rúa Ramón González, xunto ao Cine Teatro e no cruce das Catro Rúas. Ademais haberá actividades de ocio para nenas na rúa Reinante.
Outro dos atractivos do evento son as viaxes gratuitas no tren turístico de Ribadeo para percorrer comodamente a zona comercial da vila. Haberá tres paradas: na praziña da avenida de Galicia; na rúa Doctor Moreda, xunto á igrexa da Terceira Orden; e ó carón do Cine Teatro.
Nesta Noite Fluor participarán as tendas La Moda Hombre, PC Ribadeo, Bis a Bis, Tu&Tú, Eurekakids, Lencería Julia, La Moda Sport, Terra Branca, Folder, Bora Bora, Sweet Monkey, Mercería Vizcaya, Menoslobos, Xoiería Modesto G, Mika, Sanjurjo Moda, Esprit, Miss-tic, Glass, Naná, Anais, Refan, Farfala, Din&Don, Maravalla, Güendolina, Xeito Decoración, La Florida, Chocolate junior&baby, Pratería Gutié, Pippol´s e Hola Ola.
O presidente de Acisa Ribadeo, David Martínez, anima “a ribadenses e visitantes a aproveitar esta nova edición da Noite Flúor, ademais de poder mercrar ata case a media noite haberá moita animación polas rúas, ocio infantil… queremos que sexa unha noite de festa tanto para o comercio asociado como para os seus clientes”.