Foz 3-8-16. No pasado mes de xullo e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”,formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan á limpeza e roce da pista polideportiva do Chao en Santa Cecilia xa que a maleza entra dentro da propia pista.
2. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a reparar a fonte que hai na área recreativa de entrepontes en Fazouro, fonte que leva rota e sen auga dende finais do verán pasado.
3. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno manden rozar a ruta río Ouro, xa debería ser unha ruta que debería estar todo o ano en perfectas condicións pola cantidade de persoas que a fan e mais agora en época estival.
Preguntas mes de xuño.
1. ¿Que medidas ou decisións tomou, sobre un problema tan importante que estamos a sufrir os veciños do noso Concello nos últimos fines de semana, sobre todo, como é o das pelexas que están acontecendo no noso municipio, así como roturas de cristais de coches, espellos,etc..?
Resposta: Alcalde puxo en coñecemento da comandancia de Burela e da Subdelegación do Goberno todos estes acontecementos.
2. ¿Que sabe o Alcalde sobre a reparación da N-642?-¿Cando van a continuar reparando o firme?
Resposta: Incluirase unha partida de 3M€ nos presupostos para o ano 2017.
3. ¿En que estado está a moción que FPF presentou e foi aprobada por unanimidade da corporación municipal para a ampliación da ponte do apeadero de Nois? Si se fixo algunha xestión.
Resposta:Está enviada a documentación os órganos competentes e retomarase o tema.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos nosos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.