A praza de San Bartolo acollerá este mércores 24 de agosto un espectáculo de ilusionismo denominado Palabras máxicas, a cargo do mago Dani García. Será a partir das 20.00 horas. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que se enmarca na programación Galicia Culturea, da Xunta e conta coa colaboración do Concello de Barreiros. En caso de chuvia o espectáculo trasladarase ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, segundo informan desde o Concello barreirense.
Ilusionismo en Barreiros por San Bartolo
Ilusionismo en Barreiros por San Bartolo
Relacionado
-
Marta Villaverde en Celeiro
-
Resultados do Torneo de Tenis de Mesa celebrado esta fin de semana e organizado polo club deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello
-
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou este domingo en Celeiro nos actos centrais das Festas patronais e do mar celebrados na honra á Virxe do Carme